lunes, 28 de agosto de 2017

Axenda escolar

Cando comenza o curso escolar, hai que mercar moitas cousas os cativos para que vaian a escola. Entre todo o que hai que mercar e imprescindible unha axenda escolar infantil. Pero estamos no de sempre, recorres as librerías e grandes superficies e encontras axendas en castelán e ingles, pero en Galego non hai nada.

 Pois ben, unha persona chamada Sonia Díaz se lle ocurriu crear unha axenda en Galego e pola a disposición de todo o mundo que a queira imprimir, o cual me parece unha gran idea. E debo de admitilo, a axenda e moi bonita, e por 5€ que custa a impresión non teño dúbidas de que vai ser a axenda que leve a miña filla a escola.

 Para mais información e descarga da axenda clicade aquí.

 A iniciativa moi boa e agradezco moito o traballo que figueron, o único punto negativo que lle vexo e que tendo unha licencia Creative Commons non poidas acceder o archivo orixinal para modificar alguna cousa o teu xeito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario